Preparando a saída!
Primeira parada, Santa María de Herbón
Dani, un dos nosos voluntarios máis novos!
Atendendo ao noso amigo Lorenzo Baleirón, que coa humildade que sempre o caracteriza cando fala nos soubo contar moi ben todo o que sabe da nosa xoia románica!
Os canzorros de Santa María
No interior de Santa María, descubrindo máis cousas coa axuda de Manolo
Sobre a ponte do Ulla en Herbón, preparándonos para escoitar a un sabio na pesca da lamprea
O Ulla ao seu paso por Herbón, augas arriba río, augas abaixo mar
O Ulla ao seu paso por Herbón
Espertaron moita curiosidade as nosas pesqueiras de lamprea!
Vista da ponte que une, dun lado e do outro, os lugares da parroquia de Herbón
'O Penedo', o noso marco particular para o linde entre o río Ulla e o mar de Arousa
Pesqueiras de lamprea
Fran falándonos de como pesca a lamprea no Ulla
Unha parada no camiño para darlle a palabra á filla da 'barqueira'
María cóntanos como, ata non hai tanto tempo, a súa familia encargábase de cruzar nunha barca aos veciños e veciñas de Cortiñas, Morono, A Rocha... os outros lugares da parroquia na outra marxe do Ulla
Por aquí ía e viña a barca de Herbón ata que se construiu a ponte, a comezos dos 80
Rodeando xa a muralla do convento
Mila, respondendo a decenas de preguntas sobre o pemento de Herbón
Fran, Mila e María, que nos transmitiron a súa sabiduría sobre as cousas das que máis sabían, grazas pola vosa colaboración veciñ@s!
Carlos, compañeiro de AGACS, falándonos do albergue de peregrinos de Santo Antonio de Herbón
José María, quen mellor que o cronista desta casa para falarnos dela?
Chegou a hora de descansar e do concerto!
Os Quadriga Consort no escenario, despois dunha camiñata emocionante o concerto final non o foi menos!
Despedida despois da cea, grazas por vir!
Os Quadriga Consort non podían marchar sen o mellor regalo que podían levar de Herbón!
Mila, que como non é a primeira vez, xa a imos nomear como proveedora oficial dos mellores pementos aos mellores artistas que pasan por Herbón!
Se lle facedes festa agora, esperade a telos no prato!
O noso amigo Rober tamén quixo foto!
Como temos verdadeiros artistas convén facerlles publicidade (para coñecer aos mellores decoradores poñerse en contacto con Sementar!)
E sen necesidade de mercar nada, que o tiñamos todo na casa!