A proposta de lectura é "O Neno do Pixama a Raias"
E Beni comparte con nós uns fantásticos materiais
elaborados para o seu Club de Lectura
Primeiro fixemos un percorrido pola vida de Ana Frank
E chegamos aos campos de concentración
da Alemaña nazi
Cantas imaxes tan duras...
canto sufrimento, canto horror...
Tras o visionado destes magníficos traballos
quedamos moi impresionados.
Logo tocaba ver os cambios na Europa da época
Nunca antes viramos nada da II Guerra Mundial,
así que nesta xornada comprendimos moitas cousas,
entre elas, poidemos comprobar ata onde pode chegar o ser humano...
Na seguinte reunión tocaba sesión "Cine Palomitas"
Queríamos falar sobre a adaptación ao cine dunha novela
e como en toda boa sesión de cine
xa sexa en familia ou con amigos
non faltaron palomitas, bebidas, patacas fritas e algunha que outra chuche...
A película impresionounos moitísimo
E quedamos convidados a repetir a fantástica experiencia.
Que tivo lugar o luns 23 de marzo.
Nesta ocasión vimos "EL Señor Ibrahim y las flores del Corán"
Unha femosa lección de amizade,
tolerancia, respecto ás diferencias, amor...
Pareceunos unha boísima adaptación cinematográfica
dunha novela que nos gustou moitísimo.
Dúas estupendas películas de dúas fantásticas novelas!!