Presentación do nº5 da revista " Papeis Ártabros"
Centro Ártabro de Estudios,
en colaboración co Concello de Ferrol (Cultura)
Presentan o número 5 da
Revista Papeis Ártabros
Venres, 18 de Decembro, ás 19,30 h Galería Sargadelos - Ferrol
Intervirán: Mercedes Carbajales (Concelleira de Cultura), José Luis Tasset (Catedrático de E.U. de Filosofía Moral, na Universidade da Coruña) e Rosa Méndez, Presidenta do Centro Ártabro de Estudios.
A revista recolle diferentes artigos relacionados con Ferrol e a súa comarca, entre os que caben destacar os que tratan sobre Matías Usero, O patrimonio arqueolóxico de Mugardos, A pegada galega en Cuba, A fragata Asturias: Escola Naval flotante ou Novos datos sobre Pepito Arriola, entre outros. Sobre Matías Usero, baste dicir que, tendo pertencido ao Partido Socialista, e amosado ideas "especialmente modernas" e progresistas con respecto á Igrexa católica, foi un dos represaliados en Ferrol tralo alzamento do 36. Un personaxe especialmente interesante, que conviría rescatar
Dec 18, 2009
Photos: 7