Había unha vez un esquío que vivía nun bosque e saíu da súa casa buscar landras noces, castañas... e atopouse...
cunha anduriña que piaba de frío e cargada coas súas maletas viaxaba na busca de máis calor
Ó esquío pareceulle estupendo marchar a un sitio onde fixera máis calor. - Encantaríame ir contigo! dixo o esquío. - Entón a anduriña abriu a maleta e dixo: -Veña, adentro! Cando estivo dentro o seu novo amigo, o paxariño colleu a maleta coas patiñas e comezou a voar. Como o esquío pesaba moito a anduriña tivo que pousar axiña. Pousou no tellado dun cole!
Uns homes que a viron, pilláronna e cando saíron os nenos ao recreo recolléronllela e leváronlla ao mestre. Pensaron que facer con ela: ¡Coidala como unha mascota dentro dunha gaiola! Pero non todos estaban de acordo: Podemos facer un abrigo de plumas! Non, soltala á vida !
Como non se poñían de acordo preguntáronlle se quería quedar no cole ou proseguir a súa viaxe. A anduriña díxolles que lle gustaría moito quedar con eles ata que remataran os fríos do inverno. Cando chegou a primavera, as nenas e nenos do colexio, construíronlles un globo para que a anduriña non cansara de voar e cargar co esquío. Ademais, poderían ir mirando toda a Terra dende o aire e elexir o sitio no que lles gustaría vivir.
Emprenderon a viaxe; pero uns días máis tarde unha gaivota pinchoulles o globo e caeron ao mar. Unha quenlla que pasaba por alí atacounos... Cando estaban a piques de afogar, apareceu un grupo de golfiños e levounos a unha illa. Era unha pequena illa chamada Pemba que estaba situada en África, moi cerca da costa de Tanzania. Nela a calor era insoportable e ao esquío ocurriuselle construír un barco con troncos e follas de palmeira para saír dela e buscar un lugar que fose máis agradable.
Fixénrose ao mar, bordeando a costa cara ao norte, adentráronse no Mar Vermello e chegaron a Exipto. Na desembocadura do Nilo atopáronse a Buenisis, o crocodilo, que os remolcou polo río. Aí están as pirámides, son as tumbas dos antigos faraóns. Que enormes! Son maxestuosas. Mira, aí: Unha efixie! Un moi bonito país!!!. Pero...
ía unha calor abafante. A andoriña mais o esquío tiñan moita sede, pero non podían beber, pois a auga do río estaba contaminada. Unha vez chegaron a Gizeh, desembarcaron e foron en busca de auga potable, pero... unha forte ventisca de area fixo que se desorientasen. Pasado o temporal atopáronse entre as pirámides. Levados pola curiosidade entraron nunha tumba. Intentaron descifrar un xeroglífico exipcio, pero non o lograron. De súpeto a anduriña pousou nunha escultura que fixo que unha porta abrise. Moi sixilosamente cruzaron a porta e, sorprendidos, atoparon unha inmensa fonte que manaba auga sobre un inmenso tesouro...
Quedaron abraiados, había millóns e millóns de cartos. Entre os dous decidiron facer una empresa para loitar contra a contaminación do mundo. Moitas persoas estivéronlle agradecidas porque mandaron barcos, material anticontaminante e axuda a distintos lugares, para limpar o aire, mares, ríos, bosques, etc. Fixeron coches que non emitían nada de CO2 e non contaminaban o aire do mundo. Cada vez facían máis empresas en outros países para que a loita e a defensa do medio ambiente fose algo de todos. O esquío e a anduriña tiveron moito éxito na defensa do medio, e na loita contra o cambio climático, volvéronse ricos; pero ese diñeiro o empregaban en crear novas ferramentas contra a contaminación, para ter un mundo máis limpo. En todo o planeta pasaron ser os Señores da non contaminación Global.