Obras para o acondicionamento da Casa da Lectura
A Casa da Lectura é unha pequena biblioteca e un centro de actividades arredor do libro e a lectura xestionado por Espazo Lectura, situada no ámbito rural. A orixe do proxecto está na transformación dunha pequena e antiga escola infantil en desuso, que foi rehabilitada grazas ao esforzo desinteresado das persoas que colaboran coa asociación, que realizaron os traballos de obra que a edificación requiría. En outubro de 2008, Espazo Lectura chegou a un acordo coa dirección do CEIP Souto-Donas, centro escolar do que depende a escola infantil en desuso e que na actualidade é unha entidade socia protectora da asociación, e co Concello de Gondomar e a Consellería de Cultura, para poñer en marcha a recuperación dun espazo inutilizado, dotándoo para usos culturais e dando lugar a unha iniciativa que revertise no ben da comunidade. Por último, chegouse tamén a un acordo con catro editoriais galegas, que se fixeron socias protectoras de Espazo Lectura: Galaxia, Kalandraka, OQO e Xerais.
May 15, 2009
Photos: 103