Os Reis Magos visitan o CPI Manuel Suárez Marquier
Os Reis Magos de Oriente (Gaspar, Melchor e Baltasar) -previo contacto con representantes do Concello do Rosal- visitaron aos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier antes da celebración da Epifanía, o mércores 6 de xaneiro. As Súas Maxestades foron guiadas amablemente a cada aula pola directora do centro, Julia Gaspar Pazos, quen estivo acompañada da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. O martes día 5, as Súas Maxestades volverán a estar no Rosal, na Cabalgata Real deste ano 2010, con saída ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario para realizar o seguinte percorrido: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, Tabagón, A Portela, Eiras, Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sandián e Portecelo. Xa de tarde, e a partir das 17:00 horas, o espectáculo “Dous Paiasos en Apuros”, sendo despedidos cunha gran chocolatada.
Jan 3, 2010
Photos: 39