e Deus na de todos
2002 - ... e Deus na de todos, escrita e dirixida por Belén Roca Fortúnez.
Problemas de candente actualidade coma o racismo, as drogas, a botellada, as relacións entre pais e fillos, os malos tratos e, como fondo, a banalidade e superficialidade da vida cotiá de moitas persoas fronte a eses problemas son postos en escena nesta obra a través das relacións entre os compoñentes dunha comunidade de veciños.
Galardoada co 1º Premio da Fase Provincial no 1º Certame de Teatro da campaña Entre Nós en Galego promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística.
Neste mesmo ano, o Obradoiro de Teatro do instituto recibe, dentro da área de cultura, o premio ABRINDO HORIZONTES, promovido polas entidades culturais e veciñais do barrio de Caranza o Concello de Ferrol e outras entidades culturais ferrolás.
May 17, 2002
Photos: 26