Excursión parroquial ao Santuario da Franqueira
Reportaxe (texto e fotos): X.M.T.
A Comisión Parroquial de Santa Mariña, coordinada por Carmen Batán, organizou o sábado 3 de xullo unha excursión ao Santuario da Franqueira.
Preto de 50 persoas visitaron Ponteareas, A Franqueira, Ribadavia e realizaron un paseo en catamarán polo río Arnoia (Ourense).
Na Franqueira oíron misa, cocelebrada polo párroco de Santa María da Fonte ou da Franqueira, D. Xavier Alonso Docampo e polo párroco de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez.
O párroco do santuario fixo unha semblanza histórica da igrexa así como unha referencia á devoción da Virxe da Franqueira.
Despois da comida nas inmediacións, visitouse Ribadavia. De aquí (río Arnoia) tomouse o barco (catamarán) e se realizou o percorrido establecido, ida e volta, nun total de 25 quilómetros.
Este trazado como se dixo, comezouse en dito concello arnoiés, chegando a Cortegada, pola beira esquerda do río daquel nome; e pola dereita a Filgueira, concello de Crecente.
Jul 6, 2010
Photos: 206