Día da árbore e día da Auga 2011
Como todos os inicios de primavera o Concello de Santiago celebrou o Día da Árbore e o Día da Auga cunha programación de actividades protagonizadas por escolares e impulsadas desde a Concellaría do Medio Ambiente. “Este ano foi o Parque das Cancelas o escenario escollido para celebrar este día da árbore, que é hoxe, e o da auga, que é propiamente mañá” explicou a concelleira do Medio Ambiente, a nacionalista Elvira Cienfuegos, durante a plantación de máis de 200 árbores efectuada polo alumnado do CEIP Monte dos Postes. No acto participaron tamén outros membros da corporación municipal e representantes e traballadores das empresas concesionarias de parques e xardíns, CESPA, e do abastecemento de auga, Aquagest, coorganizadoras do evento, así como o presidente e outros membros da directiva da Asociación Veciñal das Cancelas e veciños e veciñas, algúns familiares dos escolares. Unha placa conmemorativa queda no parque como recordo do acto.
Mar 21, 2011
Photos: 17