Todo o mundo tomou as súas castañas e bebidas e colaborou amozcando castañas para os que viñan detrás.
O profesorado tamén participou asistindo cos seus grupos ao longo de toda a tarde.
O alumnado do departamento de alemán puxo o seu toque especial de adornos propios da festa de defuntos que se celebra na Alemaña.
A Asociación de Alumnos mercou 50 quilos de castañas e contratou un castañeiro para asalas.
Dende as 18.00 ata as 21.30 horas todos os grupos que entraban e saían paraban a cumprir co ritual anual do Magosto.