VIA AURIA | Humidais da Limia e xantar de invernía
Xinzo da Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz da Veiga e A Porqueira foron mudando unha fisonomía de carballeiras centenarias, media dúcia de pontes romanas –pasto dos buldocers- e unha enorme riqueza faunística por unha paisaxe cadriculada de patatais e parcelas á poula onde a velocidade do vento aumentou un 40%, as xeadas son máis intensas, hai menos precipitacións e elevouse a temperatura do aire, todo consecuencia da desaparición de semellante cantidade de vexetación existente na contorna.
A Limia semella redimir un pasado de cigoñas, zouvicos, sougaróns, algarias, rabisacos, lontras e seráns de taloura en man cazando rás para o consumo das afamadas ancas.
Jan 24, 2009
Photos: 74