Leandro, Marcio, Ralf (esa noite foi o UDP) e servidor. Foto tomada co N800.
No aeroporto de Lisboa.
Na chegada a Luanda estábanme esperando Marcio co seu primo Mauro.
Con Mauro e a estátua do "palanca negra". Mauro levounos ás embaixadas e a restaurante que facturan o que comes "ao peso".
Con Alberto Sato, paranaense que vive perto de Rio de Janeiro e é socio nunha empresa especializada en Asterisk.
Corinto Meffe presentando "Software Público"
Cun asistente co que conversei un bo tempo no descanso.
Alberto Sato tivo mioto éxito falando do Asterisk.
Juliana Luzolo Ngundo presentando o Angolinux.
Telas do Angolinux
Alberto, Corinto, eu e Ariel coa bandeira angolana.
Co Enxeñeiro Aires Veloso, presidente de ASL-Angola, comentando as iniciativas galegas.
Mauro, Graciano e Alberto Sato tralo evento.
Graciano e eu. Desta vez, ao contrario do normal, no canto de levar unha camistea sobre Sw Libre decidín levar unha 'bem galega' que dicía: "Teño o demo no corpo". Algo que chocaba un pouco por causa do 'Ñ', a frase en si e máis nun país con moita xente cristiá.
Linda festa en domingo (despois do evento e xusto antes de voltar a casa). Feijoada brasileira foita por angolanas, música africana, semba (non 'samba')...