Preparando o lume para o magosto.
O lume atrae o interés do alumnado.
Comida caseira feita polo alumnado de 4º.
A xente maior sempre disposta a compartir as súas experiencias.
Moi leda de compartir esta xornada co alumnado do instituto.
O profesorado recibe aos invitados neste magosto.
Xoguetes "feitos a man".
Máis xoguetes "feitos a man".
Antonio Bretaña empregándose a fondo para conseguir brasas.
O xogo das cadeiras tivo moito éxito.
Xa quedan menos xogando ás cadeiras.
Héctor amosounos as súas habilidades co trompo.
Tamén Rubén xoga moi ben aos trompos.
Víctor foi quen de facer bailar o trompo na súa man.
No xogo da rá o alumnado amosou a súa puntería.
O bar con comida caseira resultou un éxito total.
A música animou toda a xornada.
Preparando o xogo dos bolos.
Éxito total de participación no xogo dos bolos.
O remate do xogo das cadeiras foi moi disputado.
Un burato na terra e botóns é todo o que se precisa para este xogo de puntería.
Tamén os profes xogaron activamente.
María explicando o xogo dos botóns a un grupo de alumnas.
Houbo xogos de escoller, con canción incluída.
A convivencia do alumnado coa xente maior que veu ao instituto foi todo un éxito.
Cos zancos moitos probaron o seu equilibrio.
A billarda é un xogo de habilidade e puntería, aínda que un pouco perigoso se hai moita xente arredor.
A chave tivo moitos participantes que amosaron a súa puntería.
Moitas grazas por este día!